Ir ao contido
Técnico revisando unha cuberta con paneis solares ao solpor

A túa instalación pode estar perdendo rendemento sen que o saibas

Descarga de balde unha lista de comprobación para descubrir que deberías revisar para detectar fallos, evitar gastos innecesarios e protexer o teu investimento.

Descargar

Enviámoscha por WhatsApp despois de tres preguntas rápidas.

A lista de comprobación

Seis páxinas para saber se a túa instalación rende o que debería

Para empresas que xa teñen paneis solares, sexa cal sexa a empresa que os instalou.

  1. O que non se ve tamén custa

    As seis causas máis habituais de que unha planta produza menos: sucidade, puntos quentes, avisos do inversor sen atender…

  2. O que podes revisar ti

    Sete comprobacións de cinco minutos ao mes, sen subir á cuberta, e unha táboa para anotar a túa produción.

  3. O que debe revisar un técnico

    Termografía, curvas I-V, medidas eléctricas e inversor: o que convén revisar polo menos unha vez ao ano.

  4. Un informe, non só unha visita

    Que debe incluír o informe despois de cada revisión e que mirar no teu contrato de mantemento.

Descargar a lista

Como che chega

Por WhatsApp e chégache ao momento

  1. Escríbenos

    Ao premer o botón, ábrese WhatsApp coa mensaxe xa escrita. Só tes que enviala.

  2. Responde tres preguntas

    A que se dedica a túa empresa, se xa tedes paneis e se queres que te chamemos. Respóndense con botóns, sen escribir.

  3. Recibe a lista

    En PDF, na mesma conversa. Se o pides, alguén do noso equipo chámate para velo contigo.

Só usamos o teu número para atender a túa solicitude.

Quen está detrás

Enxeñaría enerxética 360°, tamén despois de instalar

En E.NOVA estudamos, instalamos, legalizamos e mantemos instalacións de autoconsumo para empresas, cun equipo técnico propio que segue respondendo cando a obra xa rematou. Tamén revisamos instalacións que montaron outros.

Algúns dos nosos proxectos

Grupo Da Cunha: 410 kWp en cubierta

Sector panadeiro e industria alimentaria · Carral (A Coruña)

Grupo Da Cunha

410kWp

Planta nas cubertas da súa sede, deseñada para cubrir o 40 % do seu consumo eléctrico.

Maderas Goiriz: 869 kW en cubierta

Transformación da madeira · Vilalba (Lugo)

Maderas Goiriz

869kW

Ampliamos a planta que xa tiñan, de 500 kW, en dúas fases.

Metaldeza: 150 kW en cubierta

Construcións metálicas · Lalín (Pontevedra)

Metaldeza

150kW

En réxime de PPA, nas súas propias instalacións.

Ver máis proxectos en enovaenerxia.com

  • 360°Estudo, instalación, legalización, mantemento e posvenda.
  • ISO 9001 · ISO 14001Certificados por AENOR en comercialización de enerxía e asesoramento enerxético.
  • Equipo propioTécnicos de E.NOVA desde o estudo ata o mantemento, en Galicia, Asturias, León e Zamora.

Revisamos a túa instalación?

Empeza pola lista de comprobación. Se despois queres que a vexamos, chamámoste.

Descargar a lista

Enviámoscha por WhatsApp despois de tres preguntas rápidas.

Lista orientativa: cada instalación é distinta e debe valorala un técnico.

Descargar a lista

Enviámoscha por correo

Déixanos os teus datos e chégache nuns minutos.

Xa tedes paneis solares?

Responsable: GRUPO E.NOVA ENERXIA S.L. Finalidade: enviarche a lista, atender a túa solicitude e, se o marcas, enviarche comunicacións. Lexitimación: o teu consentimento. Destinatarios: non se ceden datos a terceiros, agás obriga legal; os provedores tecnolóxicos actúan como encargados do tratamento. Dereitos: acceso, rectificación, supresión e os demais que recoñece a lei, en dpo@enovaenerxia.com.