
Sector panadeiro e industria alimentaria · Carral (A Coruña)
Grupo Da Cunha
410kWp
Planta nas cubertas da súa sede, deseñada para cubrir o 40 % do seu consumo eléctrico.

Descarga de balde unha lista de comprobación para descubrir que deberías revisar para detectar fallos, evitar gastos innecesarios e protexer o teu investimento.
DescargarEnviámoscha por WhatsApp despois de tres preguntas rápidas.
A lista de comprobación
Para empresas que xa teñen paneis solares, sexa cal sexa a empresa que os instalou.
As seis causas máis habituais de que unha planta produza menos: sucidade, puntos quentes, avisos do inversor sen atender…
Sete comprobacións de cinco minutos ao mes, sen subir á cuberta, e unha táboa para anotar a túa produción.
Termografía, curvas I-V, medidas eléctricas e inversor: o que convén revisar polo menos unha vez ao ano.
Que debe incluír o informe despois de cada revisión e que mirar no teu contrato de mantemento.
Como che chega
Ao premer o botón, ábrese WhatsApp coa mensaxe xa escrita. Só tes que enviala.
A que se dedica a túa empresa, se xa tedes paneis e se queres que te chamemos. Respóndense con botóns, sen escribir.
En PDF, na mesma conversa. Se o pides, alguén do noso equipo chámate para velo contigo.
Só usamos o teu número para atender a túa solicitude.
Quen está detrás
En E.NOVA estudamos, instalamos, legalizamos e mantemos instalacións de autoconsumo para empresas, cun equipo técnico propio que segue respondendo cando a obra xa rematou. Tamén revisamos instalacións que montaron outros.
Algúns dos nosos proxectos

Sector panadeiro e industria alimentaria · Carral (A Coruña)
410kWp
Planta nas cubertas da súa sede, deseñada para cubrir o 40 % do seu consumo eléctrico.

Transformación da madeira · Vilalba (Lugo)
869kW
Ampliamos a planta que xa tiñan, de 500 kW, en dúas fases.

Construcións metálicas · Lalín (Pontevedra)
150kW
En réxime de PPA, nas súas propias instalacións.
Ver máis proxectos en enovaenerxia.com
Empeza pola lista de comprobación. Se despois queres que a vexamos, chamámoste.
Descargar a listaEnviámoscha por WhatsApp despois de tres preguntas rápidas.
Lista orientativa: cada instalación é distinta e debe valorala un técnico.